viernes, 7 de marzo de 2014

Nutrientes

NUTRIENTES
Os nutrientes son substancias químicas necesarias para a vida das células , inxerímolas nos alimentos .

NECESITÁMOLAS  PARA  3  FUNCIÓNS :
-ENERXÉTICA : Aporta enerxía para o funcionamento das nosas células .
-ESTRUCTURAL : Serve para a formación das estructuras do noso corpo .
-REGULADORA : Controla o bo funcionamento dos procesos biolóxicos .

TIPOS  DE  NUTRIENTES :
1  GLÍCIDOS ( Hidratos de Carbono): A súa función é aportar enerxía instantánea ao noso organismo. Pódese clasificar en dous grupos:

-Sinxelos : Són os azúcares de sabor doce e cristalinos, formados por unha ou dúas moléculas. Según de onde se obteñan poden ser: glicosa, fructosa, que proceden de mel e da fruta. Sacarosa, da cana de azucre e remolacha. E  lactosa do leite.

-Complexos: Están formados pola unión de moitos glícidos sinxelos, sobre todo de glicosa, non són doces nin cristalinos. Os principais són: 1 Almidón que se atopa nas plantas, patacas, arroz, cereais, pasta etc.
2 Glicóxeno atópase nos animais, na carne e no fígado. 3 Celulosa (fibra) atópase na parede celular das plantas, o noso corpo non o asimila, pasa polo tracto intestinal arrastrando as substancias non dixeridas.


2  LÍPIDOS  : (Graxas)  Són substancias non solubles na auga. A súa función é enerxética principalmente, o corpo almacénaos como enerxía dispoñible. Hai tres tipos de graxas:

- Graxas saturadas; Són de orixe animal, menos saudables que as insaturadas, e atópanse en estado sólido a temperatura ambiente coma o touciño, unto, manteiga.... 

- Graxas insaturadas; Proceden das plantas e do peixe azul, són máis saudables que as de orixe animal, atópanse en estado líquido a temperatura ambiente coma o aceite de oliva, xirasol, soja, palma e o peixe azul coma as sardiñas, anchoas, xurelos....

- Colesterol: É un tipo de graxa esencial para a nosa vida, xa que entre outras, ten función estructural  formando a membrana das células, pero consumido en exceso acumúlase nas arterias e pode taponalas,  converténdose nun grave perigo para a nosa saúde, abunda sobre todo nas graxas animais.


3  PROTEÍNAS: Están formadas por aminoácidos (aa) . Dos 20 que hai, 12 fabrícaos o noso corpo, pero os outros 8 temos que conseguilos a través da dieta diaria.
A súa función principal é estructural, forman a maior parte das estructuras humanas. Tamén fan a función reguladora a través das enzimas que se forman delas e controlan reaccións químicas como a dixestión. En  caso de emerxencia `tamén poden ter función enerxética empregando o propio corpo para obter enerxía.

       O noso corpo para obter enerxía queima os nutrientes necesarios no seguinte orde:

1º Os glícidos, que són de absorción rápida e consúmense rápidamente, cando éstes se esgotan:
2º Os Lípidos, que són de absorción máis lenta e proporcionan enerxía para máis tempo.
3º As Proteínas, só as emprega o corpo cando xa non lle queda glícidos nin lípidos que consumir.


4  VITAMINAS  :Són de composición moi variada, teñen función reguladora e resultan indispensables para o correcto funcionamento do organismo, o cal non pode elaboralas nin almacenalas, deben ser tomadas diaramente normalmene a través da dieta. Necesitamos un total de 13, e són as seguintes:

Vitamina A- É liposoluble, é dicir, soluble en aceite non na auga, polo que non se pode expulsar pola uriña almacenándose no fígado. Interven na formación e mantemento das células da pel, das mucosas, crecemento óseo, e é esencial para nutrir e o bó funcionamento da retina. Podemos obtela pola inxesta de vísceras, xema de ovo, aceite de oliva...

Vitamina B-É hidrosoluble, polo que tomada en exceso elimínase pola uriña. Faise fundamental para o crecemento e un  bó desenrolo do Sistema nerviso, o Músculo-Esquelético, Circularorio etc.
>     Hai varias dentro de este mesmo grupo: B1,B2,B3,B5,B6,B8,B9, e B12. Tamén chamadas:
Tiamina, para o crecemento e a dixestión, atópase nos animais e cereais.
Riboflavina, intervén no crecemento, está na carne, leite e cereais.
Niacina, Intervén en procesos e nzimáticos, tomámola coa carne, peixe e leguminosas.
Ácido Pantoténico, nuttriente esencial para manter a vida está en case tódolos alimentos, levadura de cerveza, xalea real, legumes, carne e ovos, esencialmente.
>Piridoxina, "   "       "         nas legunimosas, cereais e carne.
Biotina, Intervén na oxidación das graxas e hidratos de carbono.
Ácido Fólico,Para o metabolismo dos ácidos nucleicos, está en verduras de folla verde, carne, peixe e ovos.
;"Cobalamina, Inflúe no metabolismo tamén, e atópase na carne, leite e ovos.

Vitamina C-Hidrosoluble, créanna case todo-los organismos menos os seres humanos, e necesitámola para
que o noso sistema inmunolóxico funcione correctamente, contra un arrefriado por exemplo,protéxernos das alerxias e ter unha boa cicatrización nas feridas. Conseguímola comendo froitas e verduras (cítricos, kiwis, tomates...). A súa falta pode provocar escorbuto, como lle pasaba fai anos ós mariñeiros,  que provoca debilidade nas mucosas, tecidos e hemorráxias por todo o corpo.

Vitamina D-Liposoluble, é fundamental para a formación e crecemento  dos ósos e dentes, porque fai posible que o calcio se fixe nestes, a súa carencia produce malformacións no esqueleto de todo o corpo: "raquitismo". Podemos conseguila nos ovos e peixe.

Vitamina E-Actúa como antioxidante na hemoglobina (un tipo de proteína) dos glóbulos vermellos, comsíguese tomando ovos, trigo, aceites vexetais...

Vitamina K-Intervén para a coagulación sanguínea e tamén xenera glóbulos vermellos por medio dunha bacteria que temos no intestino.Obtémola coa inxesta de fígado, verdura de follas verdes e aceites vexetais



>5  SALES  MINERAIS
 : Són nutrientes inorgánicos que se atopan disoltos na auga, tomámolos con ésta ou a través dos alimentos, teñen unha función estructural e reguladora, en procesos fisiolóxicos coma a contracción muscular e a coagulación sanguínea. Necesitamos 27 minerais en porcións pequenas, os mais comús són:
-Calcio (Ca) que se atopa nos dentes e ósos e inflúe nas contraccións musculares, conseguimolos a través dos lácteos, legumes e froitos secos.
-Fósforo (P) Tamén está maiormente nos ósos e dentes, e forma pate do ADN, tomámolo na carne, peixe, leite e legumes.
-Magnesio (Mg) Forma parte a metade dos ósos e outra metade das células, está na carne, verduras, hortalizas, legumes, froitas e leite.
-Ferro (Fe) Forma parte da hemoglobina e intervén no transporte do oxíseno, hai na carne, fígado, legumes e froitos secos.
-Cinc (Zn) Está presente en todolos tecidos, forma parte de moitas encimas e da insulina, e dos ácidos nucleicos, está presente na carne, peixe, ovos, cereais integrais e legumes.
-Cobre (Cb) Tamén está presente en tódolos tecidose pode formar parte da molécula do ADN.
-Iodo (I)  É  un componente da hormona tiroidea. atópase ba sal iodada, peixe, algas e mariscos.
-Potasio ( K  ) Se obtén das hortalizas e das froitas.




6  AUGA  : Nutriente inorgánico esencial para a vida, presente en tódolos seres vivos entre un 60% e un 90% dependendo da especie. Os seres humanos estamos formados dun 62% dela, e necesitamos repoñer cada día de 2 a 3 litros, tomandoa directamente , en zumes ou alimentos que a conteñen.en bastante cantidade,

As súas funcións són:

-Actuar como regulador da temperatura corporal
-Como vehículo de transporte das sustancias do organismo.
-Disolve os ions, minerais e sustancias orgánicas.
-É o lugar onde se desenrolan a maioría das reaccións químicas do corpo...

miércoles, 12 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

jueves, 23 de enero de 2014

martes, 21 de enero de 2014

Diferencia entre alimento e nutriente

-nutriente:encontrase no interior do alimento, e a parte que o noso corpo aprobeita do alimento.
-alimento:é a comida en xeral, é dicir, a que levamos a boca . 

Os nutrientes

 Son substancias integrais dos diferentes alimentos, utiles para o metabolismo dos seres vivos. 
Teñen tres funcions:
-Enerxetica.
-Plastica ou reparadora.
-Reguladora.

Obxetivo da nutricion

- Satisfacer as necesidades enerxeticas.
- Cubrir as necesidades de crecemento.